Sobroso, castelo de

Sobroso, castelo de

Construción situada en Vilasobroso (Mondariz). Edificado no s XII, pertenceu aos señores de Sobroso ata que no s XIV foi entregado a Pedro Ruiz Sarmiento, señor de Ribadavia. Foi derrubado polos irmandiños e despois pasou a Pedro Madruga que o reconstruíu. Posteriormente recuperárono os Sarmiento. Pertenceu aos duques de Híjar e a finais do s XIX comprouno o conde de Torre Cedeira, que o vendeu en 1923 a Alejo Carrera Martínez, quen o reconstruíu totalmente. Desde 1981 pertence ao concello de Ponteareas que instalou no seu interior en 2001 o Centro de Recuperación de Cultura Popular. Componse dun dobre peche exterior, circular e pentagonal, un corpo residencial e a torre da homenaxe. No corpo residencial destaca, no piso principal, a sala sos Señores. A torre da homenaxe é de planta cuadrangular. Na porta de acceso ao castelo atópanse os escudos dos Sarmiento e os Valladares.

Palabras veciñas

sobrio -bria | sobro -bra | Sobroso | Sobroso, castelo de | Sobroso, marquesado de | Soc Trang | socairo