Sobroso, marquesado de

Sobroso, marquesado de
[HIST/HERÁLD]

Título concedido por Filipe IV en 1625 a García Sarmiento de Soutomaior, II conde de Salvatierra e señor de Sobroso, para os primoxénitos da súa casa. Ata o falecemento en 1872 de Agustín de Silva Bermuy , XI marqués de Sobroso e X conde de Salvatierra, os títulos permaneceron unidos. O título rehabilitouse en 1926 na XII marquesa de Sobroso, María Rosa Vázquez de Silva (?-Madrid 1968). O título pasou en 1970 ao seu fillo Pedro Caro Vázquez (? 1936), XIII marqués de Sobroso. Trae por armas escudo partido: primeira partición, de goles, trece besantes de ouro, postos 3,3,3,3 e 1 (Sarmiento); segunda partición, de prata, tres faixas con dúas ordes axadrezadas de ouro e goles, separados cada unha por un liña de sabre (Sotomayor). No timbre, coroa marquesal.

Palabras veciñas

sobro -bra | Sobroso | Sobroso, castelo de | Sobroso, marquesado de | Soc Trang | socairo | socalcar