Sociedad de Carpinteros de Santiago

Sociedad de Carpinteros de Santiago

Sociedade fundada en Santiago de Compostela en 1894 que, xunto coa Sociedad de Canteros, foi a pioneira do obreirismo compostelán. Na súa fundación confluíron as tres principais correntes proletarias do momento: a socialista, a republicana e a libertaria. Afiliouse á UGT en 1895, á Federación de Sociedades de Resistencia de la Región Española en 1900 e á Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera en 1908. Foi un dos alicerces da Federación Local de Sociedades Obreras (1916) e participou na formación da CRG. Incorporouse na Segunda República á Federación Local da CNT. Logo do fracaso da revolución de Asturias de 1934 tomou o control da directiva da sociedade o Partido Sindicalista.