Sociedad de Pescadores El Despertar Marítimo

Sociedad de Pescadores El Despertar Marítimo

Asociación mariñeira constituída en 1914, coa finalidade de agrupar os tripulantes dos vapores de pesca e dos buques mercantes do porto da Coruña. Estivo integrada na Federación Local Obrera. A raíz do Congreso da CNT de 1919, converteuse en sección do Sindicato Único del Transporte Marítimo que agrupaba ademais ás profesións vinculadas ás tarefas portuarias. Coa disolución dos sindicatos únicos pola Ditadura de Primo de Rivera, transformouse nunha sociedade de oficio, integrada exclusivamente por mariñeiros, fogoneiros e patróns dos barcos de pesca. Foi suspendida en 1927. Durante a Segunda República estruturouse como sindicato de industria.