Sociedad Española de Radiodifusión
Sociedad Española de Radiodifusión
Nome científico:
[SER]
Emisora radiofónica de ámbito estatal e contidos xerais fundada o 14 de novembro de 1924 e integrada na Sociedad de Servicios Radiofónicos Unión Radio. Coñecida como Cadena Ser, tivo a súa orixe na primeira emisora en España, EAJ-1, Radio Barcelona, á que lle sucedeu a emisora central da SER, Radio Madrid (1925), xestionada sucesivamente polas familias Urgoiti, Fontán i Garrigues e, a partir de 1986, por Jesús de Polanco dentro do Grupo Prisa. Con 146 emisoras propias, é a emisora líder en España con programas como “Hoy por Hoy”, “El Larguero”, “Carrusel Deportivo” ou “Hora 25”.