Sociedad Polifónica de Pontevedra
Sociedad Polifónica de Pontevedra
Agrupación musical creada en Pontevedra en 1925. Fundada, entre outros, por Antón Losada Diéguez, Afonso R. Castelao, Antonio Iglesias Vilarelle ou Vicente Barreiro, para impulsar as actividades musicais na cidade. Losada Diéguez foi o seu primeiro presidente, cargo que tamén ocupou Castelao quen, ademais, foi o encargado de realizar diversas escenografías para as actuacións da coral. O seu repertorio inclúe polifonía sacra e profana, así como temas populares.