Socorro Vermello Internacional

Socorro Vermello Internacional

Nome co que se coñeceu nos países occidentais á organización soviética Medždunarodnaja Organizacija Pomožči Tvorcam Revol’ucii (Organización Internacional de Axuda aos Artífices da Revolución, MOPR). Creada en 1922, tiña por finalidade dar axuda material e xurídica e apoio moral aos presos e emigrados políticos, e ás familias dos revolucionarios mortos na loita. En España deu axuda aos perseguidos polos feitos de outubro de 1934 e traballou activamente a favor dos damnificados pola guerra na zona republicana. O seu órgano de expresión era a revista MOPR e, desde 1936, Edinstvo. Á fin de 1937, a dirección pasou a París e durante a Segunda Guerra Mundial cesou toda actividade, agás na URSS, onde se mantivo ata 1947.

Palabras veciñas

socorrista | socorro | Socorro | Socorro Vermello Internacional | Socorro, Virxe do | Socotra | Socovos