Socorro, Virxe do

Socorro, Virxe do

Advocación mariana que lembra a Virxe como dispensadora de grazas e favores. Houbo unha primeira devoción ao Socorro ; (s XVI) e unha moderna (ss XIX e XX) ao coidado dos redentoristas, baixo a advocación do Perpetuo Socorro, venerada nunha igrexa de Roma. Represéntase cun pau para mallar nas costas dun demo que ten baixo os pés, ao tempo que o Neno Xesús abre os brazos para auxiliar ao infante que se atopa en perigo. A súa festividade celébrase o 8 de setembro. A Virxe do Perpetuo Socorro represéntase co neno Xesús sentado no brazo esquerdo que coa man dereita colle as mans do infante. A súa festividade celébrase o 27 de xuño.

Palabras veciñas

socorro | Socorro | Socorro Vermello Internacional | Socorro, Virxe do | Socotra | Socovos | Sócrates