SODIGA
SODIGA
Sociedade constituída en 1972 como sociedade anónima e coa denominación de Sociedad para el Desarrollo Industrial de Galicia que tomou o nome de SODIGA GALICIA, Sociedad de Capital-Riesgo en 1998. O seu obxecto social consiste na toma de participacións temporais no capital de empresas non financeiras que non coticen no primeiro mercado das bolsas de valores e que teñan relación co desenvolvemento e a consolidación económica e industrial de Galicia. Pode outorgar financiacións a longo prazo como préstamos participativos.