Sogdiana

Sogdiana
Nome científico: [persa antigo: Sughda]

Antiga provincia do Imperio Persa, en Asia central, comprendida entre Syr-Darja e Amudarja, fronteira natural con Bactriana e Margiana. Falábase o sogdiano. Sometida por Ciro II de Persia (s VI a C), foi conquistada por Alexandre o Grande. Despois pasou sucesivamente a mans dos seleúcidas, dos reis de Bactriana, dos partos, novamente dos persas, dos árabes (ss VII-VIII) e, finalmente, dos turcos.

Palabras veciñas

soga | Soga, Arias | Sogarpo | Sogdiana | sogdiano -na | Sogecable SA | Sogn og Fjordane