sogdiano -na
sogdiano -na
(< antropónimo Sogdiana)
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga Sogdiana, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante da antiga Sogdiana.
-
s
m
[LING]
Lingua irania oriental do phylum indoeuropeo. É a lingua propia dos sogdianos, pero converteuse en lingua franca de todos os pobos de Asia central desde o Mar Caspio ata Mongolia. Eliminado polo persa, non foi descuberto ata o s XIX, e subsiste un vestixio no yagnabi falado ao L de Samarcanda. Escrita en caracteres de orixe aramea, os primeiros documentos datan do s IV e a maior parte deles (ss XVIII-XIX), constitúen unha importante colección de textos búdicos e maniqueos.