solfatara
solfatara
(< ital solfatara)
s
f
[XEOL]
Abertura en terreos volcánicos pola que se emanan gases a temperatura elevada cun alto contido en SO2, que ao entrar en contacto co aire se oxida e forma cristais de xofre. Corresponde, xunto coas fumarolas, ás fases finais de volcáns semiextintos.