Solferino, Batalla de

Solferino, Batalla de

Combate que tivo lugar o 24 de xuño de 1859, preto da vila lombarda de Solferino, entre as tropas franco-piemontesas, dirixidas por Napoleón III, e as austríacas, mandadas polo Emperador Francisco Xosé I, no curso da guerra pola independencia de Italia. A derrota austríaca, xunto coa anterior de Magente, obrigou a Francisco Xosé I a ceder Lombardia a Francia, que a entregou a Piemonte, a cambio da Alta Savoia.

Palabras veciñas

soletrear | solfa | solfatara | Solferino, Batalla de | solfexar | solfexo | solicitación