Solidaridad Obrera

Solidaridad Obrera

Semanario publicado na Coruña a partir de agosto de 1922. Como voceiro da CRG tivo tres etapas. A primeira foi entre agosto de 1922 e decembro de 1924, baixo a dirección de Xosé Suárez Duque. Á súa morte, en setembro de 1923, substituíuno Ricardo García Lago. Na segunda etapa trasladouse a Santiago de Compostela. Alí, Ezequiel Rey foi o seu director, e mantívose a tiraxe ata 1927, ano en que foi pechado pola censura. Nunha terceira etapa, entre novembro de 1930 e outubro de 1934, retornou á Coruña. Neste período dirixiu o semanario Xosé Villaverde, pero debido a un enfrontamento co réxime republicano en 1933 deixoulle o posto a Claro Xosé Sendón, quen o dirixiu ata a súa desaparición.