Soliva
Soliva
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, que presentan follas alternas e pinnatisectas e os capítulos sésiles, coas flores femininas dispostas na marxe e as masculinas no centro. O froito é un aquenio comprimido e sen lanuxe. En Galicia está presente a especie S. pterosperma.