Sóller

Sóller

Municipio da illa de Mallorca, Illes Balears (10.961 h [2001]). Nas terras cultivadas predominan a oliveira e as froiteiras, das que destacan os mandarineiros e os limoeiros en regadío. A industria redúcese a pequenas empresas alimentarias, metalúrxicas, da pel e téxtiles. Durante a Guerra Civil foi o primeiro centro algodoeiro da España franquista.