Solvay, proceso

Solvay, proceso

Procedemento industrial que se leva a cabo para a preparación do carbonato sódico (sosa), de acordo coa reacción global
2NaCl + CaCO3 D Na2CO3 + CaCl
Este proceso foi ideado por E. Solvay (1861) e baséase na descomposición da ecuación anterior nas seguintes reaccións


FORMULA
A pesar de ser un procedemento de gran valor económico, o seu uso reduciuse debido ao descubrimento de depósitos naturais extensos de carbonato sódico, á competitividade do produto que se obtén a partir de hidróxido sódico e que se forma como subproduto na obtención electrolítica do cloro, á pouca saída comercial que ten o cloruro cálcico e a súa natureza de axente contaminante.