Somodevilla y Bengoechea, Zenón de
Político, marqués de La Ensenada. De familia nobre, ingresou na mariña. Despois de ocupar os cargos de comisario de mariña de Cádiz (1728) e de Ferrol (1732), tivo un papel fundamental na política italiana de Filipe V. Pola súa colaboración na conquista de Nápoles, Carlos VII de Nápoles concedeulle en 1736 o marquesado. En 1753, Filipe V confioulle as secretarías de Facenda, Guerra, Mariña e Indias. Continuou á fronte da política española con Fernando VI, desde 1746. En política interior fomentou a modernización da mariña, impulsou a mellora das comunicacións, favoreceu a ciencia, protexeu a cultura ilustrada e intentou facilitar o comercio e a industria. Entre 1750 e 1754 elaborou un censo demográfico e fiscal coñecido como Catastro do marqués de La Ensenada. En 1766 foi acusado de ser, xunto cos xesuítas, un dos principais inspiradores do Motín de Esquilache e exiliouse en Medina del Campo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Alesanco, La Rioja -
Deceso
Lugar : Medina del Campo