sono
(< lat somnu)
-
-
s
m
[FISIOL]
Estado fisiolóxico temporal que constitúe o período de descanso do corpo e da mente, durante o que a consciencia e a vontade son suspendidas totalmente ou parcialmente e as funcións orgánicas diminúen. Durante o sono detéctanse dúas fases, o sono paradóxico ou REM e o sono ortodoxo ou SOL.
-
sono artificial/terapéutico
[FISIOL]
Sono que está provocado pola administración de medicamentos, coa finalidade de diminuír o metabolismo.
-
sono eléctrico
[FISIOL]
Estado de anestesia xeral que está producido pola aplicación dunha corrente eléctrica rapidamente interrompida.
-
sono hipnótico /
[FISIOL/MED]
Sono que está provocado pola hipnose, ao que se recorre con finalidades terapéuticas.
-
s
m
[FISIOL]
-
s
m
Vontade de durmir.
Ex: Voume deitar porque teño moito sono.
-
enfermidade do sono
[PAT]
tripanosomíase africana.
Frases feitas
-
Coller/dar/pegar/prender o sono. Quedar a durmir.
-
Quitar o sono. Preocupar algo.
-
Sono eterno/Último sono. A morte.
Refráns
- Canto máis se dorme, menos se vive.
- Canto se deixa de durmir, gáñase de vivir.
- Durmindo esquéncense as coitas.
- Durmirei, durmirei e boas novas toparei.
- O que ten besta soña coa albarda.
- O sono e a morte son irmáns xémeos.
- Padezo este mal que me ha consumir: que despois de farto bótome a durmir.
- Para o moito sono non hai xergón duro.
- Quen moito dorme, lagañas cría.
- Quen moito dorme, pouco aprende.
- Soñaba o cego que vía e soñaba o que quería.
- Soñar durmindo ou soñar desperto é como andar a rolos ou dando voltas por un deserto.
- Sono de abril, déixallo ao teu fillo durmir.
- Sono de maio, déixao para o teu criado.
- Un soño saca outro soño.