sono sulagado, O
sono sulagado, O
[LIT]
Libro escrito en 1955 por Celso Emilio Ferreiro, que revisou e modificou nunha segunda edición titulada O soño sulagado (1975). Está composto por 31 poemas, parte deles escritos inmediatamente despois da Guerra Civil Española, e con trazos autobiográficos, en que o poeta reflicte a súa angustia existencial e os seus conflitos persoais ao redor da noción do paraíso perdido (a infancia) e da evocación dun pasado que se lembra a través dunha visión metafísica da paisaxe e da saudade tinguida de desacougo e desilusión, xunto con outros temas como o medo, o amor, o inconformismo, a guerra, a soidade, a perda da inocencia, a ironía e a crítica, que se desenvolven a través de poemas influídos polo existencialismo de Sartre ou Camus.