Sonora
Sonora
Estado do NO de México, situado na costa oriental do golfo de California (182.052 km2; 2.216.969 h [2000]). A súa capital é Hermosillo. Limita ao N con EE UU, ao L con Chihuahua e Sinaloa, ao S de novo con Sinaloa e ao O co golfo de California. O seu relevo distingue tres unidades fisiográficas: a Sierra Madre Occidental, profundamente atravesada polo curso alto do río Yaqui; a chaira costeira do NO que percorre o río Yaqui; e o gran deserto de Sonora. A súa economía baséase nas minas de ouro, cobre, prata, chumbo e ferro.