sonoridade

sonoridade

(

  1. s f

    Calidade de sonoro.

  2. s f [FÍS]

    Sensación sonora subxectiva que produce un son, e que permite clasificalos en fortes ou débiles. A sonoridade exprésase en fons ou en sons.

  3. s f

    Capacidade dun instrumento ou dun local para producir e reforzar un son.

  4. s f [LING]

    Trazo fonolóxico positivo que se caracteriza pola vibración das cordas vogais en calquera emisión fonemática. É unha oposición fonoloxicamente relevante en todas as linguas naturais.

Palabras veciñas

sonometría | sonómetro | Sonora | sonoridade | sonorización | sonorizar | sonoro -ra