sonoro -ra

sonoro -ra

(< lat sonōru)

  1. adx
    1. Que produce son.

    2. [FÍS]

      Aplícase ás ondas que producen a sensación de son, e cuxa frecuencia está comprendida entre 20 Hz e 20.000 Hz.

  2. adx

    Que soa moito ou cun son vibrante, intenso e non xordo.

  3. adx

    Que é agradable ao oído.

  4. adx [LING]

    Aplícase ao fonema que se realiza con vibracións das cordas vocais. Oponse ao fonema xordo ou tenso. Na terminoloxía acústica, os fonemas sonoros chámanse tamén fluídos.

Palabras veciñas

sonoridade | sonorización | sonorizar | sonoro -ra | Sons Galiza | Sonseca | Sonsonate