Sor
Sor
Río da vertente cantábrica situado na liña divisoria das provincias da Coruña e Lugo. Nace no monte Montouto, no concello de Muras, atravesa os concellos das Pontes de García Rodríguez, Ourol, Mañón e O Vicedo, onde desemboca formando a ría do Barqueiro tras 49 km de percorrido, ao longo dunha conca de 202 km2 e cun caudal medio de 5,05 m3/s.