sorabo
sorabo
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo sorabo.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo sorabo.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo eslavo occidental que se asentou, desde o s VI, no curso superior do río Elba. Sometidos polo Emperador Conrado II durante o s XI, no s XII integráronse en Bohemia. Tamén coñecidos como serbios de Lusacia, repartíronse entre Brandenburgo e Saxonia constituíndo unha entidade étnica e cultural diferente á da estirpe xermánica.
-
s
m
[LING]
Lingua eslava occidental do phylum indoeuropeo que se fala na rexión de Lusacia e comprende o sorabo occidental, falado na zona de Muzakov, o alto sorabo, en Bautzen, e o baixo sorabo, en Cottbus.