sorbeira
sorbeira
(
s
f
[PLANTA]
Árbore caducifolia, de ata 20 m de altura, coa copa frondosa e redondeada e cortiza degretada de cor parda alaranxada. As follas son imparipinnadas con folíolos oblongos e dentados, flores pequenas con cinco pétalos brancos dispostas en corimbos e froito comestible (as sorbas) de cor verde avermellada. Florece entre abril e xuño e os froitos maduran no outono. Dáse na montaña media e en lugares húmidos de terra baixa. É orixinaria do S de Europa, O de Asia e N de África. Tamén se cultiva como árbore ornamental.