Soria
Soria
Municipio e capital da provincia de Soria, Castela e León, situado entre o Sistema Ibérico e La Meseta, ás beiras do Duero (35.151 h [2001]). É un centro administrativo e comercial, con industrias alimentarias. Destaca tamén a explotación forestal e as manufacturas da madeira. Antigo poboado celtibero, foi destruída polos romanos. Repoboada por Afonso I de Aragón (1120), pasou á súa morte ao dominio de Afonso VII de Castela e León. Foi escenario de conflitos bélicos durante as guerras de Sucesión (1707) e Independencia. O centro histórico da cidade foi declarado BIC (1993). Destacan a igrexa concatedral de San Pedro (BIC, 1980), a igrexa de San Juan de Duero (BIC, 1882) e o Palacio dos Condes de Gómara (s XVI).