Soto Meijomence, María Luísa
Soto Meijomence, María Luísa
Actriz. Coñecida como Marisa Soto, participou en distintas representacións teatrais, como Amor e crimes de Xan o Panteira (1975), con Teatro Antroido; Lenta raigame (1979), co Grupo Teatral Andrómena; A esperar por Godot (1984), coa Compañía Luís Seoane; e Woyzeck (1984) e Os vellos non deben de namorarse (1985), co Centro Dramático Galego. Ademais colaborou nas series de televisión Servicio de Urxencia (1989) e Pratos Combinados (1995-1996), así como nas producións cinematográficas Divinas palabras (1987) e Continental (1990). A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia entrega anualmente un premio honorífico, inscrito nos Premios María Casares, que leva o seu nome.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Silleda -
Deceso
Lugar : Lebosende