soupa

soupa
Nome científico: [Sarpa salpa, Fam dos espáridos]
s f [ANIMAL/ICT]

Peixe, da orde dos perciformes, de ata 45 cm de longo, con bandas douradas estreitas, ben marcadas, que percorren lonxitudinalmente os seus flancos. Habita en fondos rochosos e areosos costeiros cubertos de algas, ata os 70 m de profundidade. É esencialmente herbívoro, aínda que en ocasións consome crustáceos. Distribúese polo Atlántico oriental e os mares Mediterráneo, Adriático e Negro.