Soutomaior, castelo de

Soutomaior, castelo de

Construción situada en Soutomaior. Datado no s XI, sufriu diversas ampliacións ata o s XV. Componse de dúas torres unidas por un corpo central que leva ao patio de armas e conta cunha torre de homenaxe e un foso sobre a ponte levadiza. Foi propiedade de Pedro Madruga e sufriu o asedio, en numerosas ocasións, durante as Guerras Irmandiñas. Durante o s XIX foi reconstruído por Antonio Aguilar, marqués de la Vega, e recibiu a visita de Afonso XII en tres ocasións. Foi declarado BIC en 1995.

Palabras veciñas

Soutomaior | Soutomaior | Soutomaior | Soutomaior, castelo de | Soutomaior, pazo de | Soutomaior, Santiago de | Soutomel