Soyinka, Wole

Soyinka, Wole

Escritor nixeriano. Formado na University of Leeds, foi membro da Royal Court Theatre en Londres (1958-1959) e fundou o grupo teatral The Masks (1960) e a revista Black Orpheus (1960-1964). Das súas obras destacan as pezas teatrais A Dance of the Forests (1960) e Requiem for a Futurologist (1985); as novelas Season of Anomy (1973) e The Interpreters (1965); e o ensaio Myth, literature and the African World (1976). En 1986 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Abeokuta, Ogun