spin*
spin*
-
s
m
[FÍS]
Parámetro que describe o momento angular intrínseco das partículas elementais ou dos núcleos. É un dos números cuánticos que caracterizan o estado das partículas nun sistema atómico. A noción de spin nuclear foi enunciada por Pauli en 1924, e Goudsmit e Uhlenbeck, en 1925, ampliárona ao electrón.
-
spin isobárico
[FÍS]
isospín.
-
spin isotópico
[FÍS]
isospín.