Spina

Spina

Antiga cidade de Italia, situada na desembocadura do Po. Probablemente foi unha fundación etrusca en territorio dos umbros. Edificada sobre palafitas, pode considerarse o porto de chegada dos produtos gregos. Tivo moita vitalidade durante o s VI a C.