Staudinger, Hermann
Staudinger, Hermann
Químico alemán. Estudou na Universidade de Halle, onde se doutourou en 1903. Estudou os conxuntos macromoleculares, a polimerización dos plásticos e outros sintéticos e descubriu que moitas substancias dos tecidos vivos, como o amidón, as proteínas ou a celulosa, son macromoléculas. Das súas obras destacan Die Kettene (As cadeas, 1912) e Makromolekulare Chemie und Biologie (Química e Bioloxía macromolecular, 1947). En 1953 recibiu o Premio Nobel de Química, polas investigacións sobre os polímeros.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Worms -
Deceso
Lugar : Friburgo de Brisgovia