Stavropol’

Stavropol’

Capital do kraj homónimo, Rusia (345.000 [estim 1997]). Situada nas vertentes setentrionais do Cáucaso, é un centro industrial e cultural. Foi fundada en 1777 para a defensa da fronteira meridional do Imperio Ruso.