Stewart, Robert

Stewart, Robert

Político irlandés, vizconde de Castlereagh e segundo marqués de Londonderry. Como primeiro secretario (1789-1801) do lord lugartenente inglés en Irlanda, axudou a sufocar a rebelión de 1798 e conseguiu que o Parlamento irlandés aprobase a unión con Inglaterra (1800). Formou parte da ala progresista dos tories. Como secretario de Guerra (1805-1809) dirixiu a guerra contra Napoleón I. Ministro de Asuntos Exteriores (1812), unificou os esforzos para a derrota de Napoleón I e a instauración dunha nova orde en Europa polo Tratado de Chaumont (1814).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mount Stewart, Down

  • Deceso

    Lugar : North Craig, Kent