Stieglitz, Alfred
Fotógrafo estadounidense. Considerado un dos vangardistas da arte fotográfica moderna, estudou enxeñaría e fotografía en Berlín. De volta en Nova York (1889), expuxo os seus traballos, nos que empregou goma bicromatada e retoques con efectos pictorialistas (Flat Iron, 1893), e inventou con Joseph T. Keiley a “fotografía directa” (1916). Cofundador do grupo Photo Secession (1902), abriu a galería The American Photographers, á que seguiron a Gallery 291 (1905-1917), Intimate Gallery (1925-1929) e An American Place (1929-1946). Director da revista Camera Work (1903-1917), a súa técnica derivou cara á expresión espiritual do artista a través da fotografía. Fuxindo dos retoques chegou á fotografía pura (retratos da súa muller, Georgia O’Keefe, 1917) e á abstracción (Songs of the Sky, 1923).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hobroken, New Jersey -
Deceso
Lugar : Nova York