Stipa
Stipa
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das poáceas, con follas lineares, enroladas e coa marxe cuberta de pelos e inflorescencias en panícula, de cor amarela. A especie máis importante é S. tenacissima, da que se empregan as follas como fibra téxtil na elaboración de cordas, cestos e tapices. En Galicia están presentes as especies S. bromoides, na metade oriental do país, e S. gigantea, en lugares areosos.