Stirling, fórmula de
Stirling, fórmula de
[MAT]
Expresión matemática que permite calcular, aproximadamente, o factorial dun número n, se é moito maior que 1. A exactitude do resultado é moito mellor canto maior é n. Escríbese n! ~√----2πn nn e-n. Pódese dicir que, para calquera valor de n, cúmprese √----2πn nn e-n < n! < √----2πn nn e-n (1+1/12n).