Stuart Stewart

Stuart Stewart

Cardeal e duque de York e rei titular de Inglaterra (Enrique IX, 1788-1807), fillo de Xaime de Inglaterra, o Vello Pretendente. Este nomeouno duque de York pouco despois de nacer. Nomeado cardeal co título de York, foi arcebispo de Corinto (1758) e bispo de Frascati (1761-1803). En 1803 foi nomeado deán do Sacro Colexio e bispo de Ostia e Velletri. Ao morrer o seu irmán Carlos Eduardo Stuart (1788), proclamouse rei de Inglaterra.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso

    Lugar : Frascati