Studenica, mosteiro de

Studenica, mosteiro de

Mosteiro ortodoxo da Serbia, situado a 27 km ao SO de Rankovicevo. Fundado por Estevo I de Serbia (1183), as súas edificacións de mármore constitúen o mellor exemplo do estilo da Raska (mestura de elementos bizantinos e románicos). Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1986).