Studios ou Studion

Studios ou Studion

Mosteiro de Constantinopla, fundado, segundo a tradición, polo cónsul romano Studios (463?). Os monxes seguían alí a observancia dos acemetas. Baluarte da ortodoxia, defendeu (471-519) a doutrina do Concilio de Calcedonia contra o patriarca monofisita Acacio e, nos ss VIII-IX, contra a iconoclastia, sobre todo grazas á obra de Teodoro Estudita, que introduciu unha nova regra baseada na de san Basilio e fixo do mosteiro un centro e modelo de todo o monaquismo ortodoxo.