Suances, Xosé María

Suances, Xosé María

Político. Foi membro do Partido Progresista e un dos maiores activistas contra o réxime de Espartero. En 1843 asinou un manifesto en que se defendía a descentralización administrativa dos concellos, a Constitución de 1837, a reforma do sistema tributario e a responsabilidade ministerial. Presidiu a Xunta Central de Galicia (1843). Foi deputado pola Coruña (1836-1837, 1839-1843, 1854-1855).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Madrid