Suárez

Suárez
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe patronímica que procede do nome persoal Suero + o sufixo patronímico -ez (‘fillo de Suero’).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que en Galicia trae por armas, en campo de prata, dúas torres de pedra sumada cada unha dunha aguia de sable. Outro trae, en campo de goles, un castelo de ouro. Outro, en campo de prata, unha cruz flordelisada de goles cantonada de dúas caldeiras de sable nos cantóns destro do xefe e sinistro da punta e dous crecentes de azul tornados, un no cantón sinistro do xefe e outro no destro da punta.