Suárez Canal, Xosé Luís

Suárez Canal, Xosé Luís

Fotógrafo. Licenciado en Filosofía e Letras e Filoloxía Francesa, foi catedrático de Francés. Director, xunto con M. Sendón, do Centro de Estudios Fotográficos (CEF) de Vigo (1984), é profesor de Ciencias da Información da Universidade de Santiago desde 1994. Fixo mostras individuais e colectivas e traballou na recuperación da fotografía histórica galega (Xosé Suárez, Arquivo Pacheco, Irmáns Sarabia ou José Mª Massó). Director das coleccións do CEF Album (1989) e Do Trinque (2000), coordinou as exposicións da Sala dos Peiraos, a Casa das Artes e a Fotobienal de Vigo. Publicou Allariz (1991), O Viño (1993), O mundo invisíbel (1993) e foi coautor de Desde o Atlántico (1988).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Allariz