sublimador
sublimador
s
m
[FÍS/QUÍM]
Aparato que serve para efectuar sublimacións. O máis simple consiste nun tubo cerrado por un extremo, cunha tubuladura lateral situada na parte superior e a través da que se pode practicar o baleiro; ao fondo do tubo sitúase a mostra que se quere sublimar e no seu interior instálase outro tubo, por cuxo interior circula un fluído refrixerante e na súa superficie se produce a condensación do sublimado.