sublimación
sublimación
(< sublimar)
-
s
f
[FÍS/QUÍM]
Paso do estado sólido ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Prodúcese cando unha substancia sólida se quenta estando sometida a unha presión inferior á do punto triplo, ou ben se diminúe a presión cando se atopa a unha temperatura inferior á do punto triplo. O paso de estado gasoso a estado sólido coñécese tamén como sublimación ou sublimación regresiva.
-
s
f
[PSIC]
Proceso inconsciente do eu mediante o que un instinto ou impulso creador de conflito se manifesta en forma de actividades compensatorias de carácter máis elevado, como a ciencia ou a arte.