sublimación

sublimación

(< sublimar)

  1. s f [FÍS/QUÍM]

    Paso do estado sólido ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Prodúcese cando unha substancia sólida se quenta estando sometida a unha presión inferior á do punto triplo, ou ben se diminúe a presión cando se atopa a unha temperatura inferior á do punto triplo. O paso de estado gasoso a estado sólido coñécese tamén como sublimación ou sublimación regresiva.

  2. s f [PSIC]

    Proceso inconsciente do eu mediante o que un instinto ou impulso creador de conflito se manifesta en forma de actividades compensatorias de carácter máis elevado, como a ciencia ou a arte.

Palabras veciñas

sublevación | sublevar | Subleyras, Pierre | sublimación | sublimado -da | sublimador | sublimar