Sucastro, Santa Mariña de

Sucastro, Santa Mariña de

Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída durante a segunda metade do s XII en estilo románico, leva cuberta a dúas augas. Presenta nave única e ábsida rectangular, onde se abriu unha fiestra de medio punto sobre columnas e capiteis decorados con motivos zoomorfos. Os muros son de cachotaría e cantaría. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto, mentres que o arco da portada foi substituído por un lintel. Na fachada destaca a espadana, cun só van.