Sucesión de Polonia, Guerra de
Sucesión de Polonia, Guerra de
Conflito bélico que enfrontou a Francia e os seus aliados con Austria, Rusia e Saxonia (1733-1735). Coa morte de Augusto II (1733), a dieta polaca elixiu rei a Estanislao I Leszczyński, candidato do partido nacional e de Suecia e Francia. Rusia e Austria responderon ocupando Polonia e auspiciando unha nova dieta en Varsovia, que proclamou soberano o seu protexido, Augusto III de Saxonia. Francia aliouse con Baviera, con Sardeña e, polo Primeiro Pacto de Familia, con España. Polo Tratado de Viena de 1738, Augusto III conservou Polonia, baixo a protección de Rusia; e o infante Carlos de España obtivo Nápoles e Sicilia e renunciou a Parma, cedida a Austria, xunto coa Toscana.